Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

EN BILINGÜE

“Por favor, la próxima vez, pónganlo en bilingüe” isto ou algo semellante, pedía un veciño/a da miña comunidade cunha nota anónima no ascensor, debaixo dunha das notas que a nosa presidenta adoita escribir en galego e colga nos rincóns de paso da xente.Imos deixar para outro día o das notas anónimas, non me quero perder, porque cando penso niso, é que me perdo... polo tanto, mellor reparemos nos adorabeis veciños/as arrebatados polo bilingüismo. Un non comprende tanto arrebato por parte de xente á que nunca xamáis escoitaches nin escoitarás falar nun dos dous idiomas. Xente tan entregada, con todo dereito, ollo, ao monolingüe, que de súpeto, deveze, supura, pérdese... polo bilingüismo, esta nova relixión filla do medo. Medo a que alguén ou algo lles roube un idioma e faga desaparecer o castelán de Galicia. Medo a que a fraseciña “pero el gallego, ¿para que sirve?” sexa de golpe e porrazo a sublime memez que é. Para goce dos idiomas-alicate-desparafusador, nada como poñer as cousas “e…