Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010
A verdade é que pensei que a historia do vocablo rebuscado xa non tiña moito máis percorrido, pero se cadra estou equivocado. Necesitarei un pouco de tempo para sabelo, de calquer xeito. Iso si, xa teño listo o traxe de neopreno para ir a polos percebes.



O QUE CHE FAI FALTA


Sentáronse case que enfronte nosa, nunha terraza ao lado da fonte dos Tornos. A madrugada ía camiño desas horas en que non conviña ollar para o reloxo, para non alarmarse. Eu tiña a Maika ó meu carón e no lado dereito estaban Xaquín e Luisa. Paco sentábase e levántabase para falar con alguén diferente de cada vez, de modo que non sei precisar si estaba no noso grupo ou non, ainda que isto non é relevante, máis aló dun prurito de tipo histórico-estatístico ou algo semellante, que pode quedar pechado ao afirmar que Paco, en principio, saíra da casa para quedar con nós.

Nós, que despachabamos mojitos e caipirinhas segundo as apentencias de cada quen, mentras deixabamos pasarnos a noite por diante e conversabamos sobre…

SOBRE LA MANÍA DE ESCRIBIR

Quero tomarme a liberdade de publicar agora un anaco dun comentario que enviou "Occam" porque paréceme moi suxestivo postos a falar do que se di no título dese post. E se isto da para prender un debate sobre o particular: veña lume!. Isto é o que dixo Occam:

Paréceme moi interesante a cuestión que plantexas ó comezo da entrada. Eu penso que é a necesidade de comunicación a que move á xente a escribir. A comunicación non é fácil, e cando non quedan cousas por dicir, quedan interpretacións e reinterpretacións por facer... E o interlocutor ideal non soe aparecer na vida cotiá, e se aparece, moitas veces pasa desapercibido. As cousas que se escriben nos textos literarios (que outros textos son outro cantar) en principio deben ser auténticas (e se non o son, deben polo menos parecer irónicas ou cínicas deliberadamente), iso inclúe pronunciar pensamentos ou xuizos -directamente ou a través de tramas- dos que moita xente non se atrevería a falar pero que si lería con gusto, por iso …
Teño escoitado que a xente que escribe é, en xeral, insegura, e que necesita empurronciños que a axuden a continuar facéndoo. A verdade é que un ten escoitado de todo. Por suposto, agradezo a todos os que entrastes e deixastes un comentario. Cando accedo, para aumentar o número de visitas, que queda moi mal, agora que puxen o contador, un número cativo, e vexo un comentario ou alguén que se agregou para seguir o blog, éntrame gañas de darlle un bico ou pagarlle unha caña ou convidalo a percebes..., bueno, despois xa se me pasan, eh. Eu non sei se a xente que escribe é, en xeral, insegura, pero estou convencido que si é, ten que ser, teimuda. Por iso vou subir a segunda parte do relato LA VENGANZA DEL VOCABLO REBUSCADO, que podedes ler a continuación. E outra vez, grazas a tod@s.

PIRÓMANOS

Sólo en una película surrealista, en una película independiente o en una película española (sea surrealista o independiente, o no) podría contemplarse en pantalla una escena como aquella. Un heterogéne…
Esta é a primeira parte dun relato con certos ecos de Boris Vian, dito sexa sen intención de faltarlle, que colgarei en dúas veces. Sempre que haxa demanda, claro, non quero aburrir nin impoñer: sonvos o primeiro escribidor democrático que coñezo.
LA VENGANZA DEL VOCABLO REBUSCADO
Aquella mañana el vocablo rebuscado se levantó con ganas de armarla. “Este será el principio del resto de mi vida”, se dijo preguntándose si acababa de pergeñar una frase ingeniosa, si había parido una perogrullada o si unicamente estaba repitiendo algo que había oído sabe dios donde. Lo cierto es que decidió poner manos a la obra: se desayunó una buena sopa de letras y bajó a la calle, a mezclarse, a renacer, a soliviantar las horas... Pensó que necesitaría compañía y le hizo un guiño a una conjunción fácil que pasaba, quién, naturalmente, se fue con él sin poner un sólo pero. Después encontraron a un adverbio crápula que, puesto que no tenía nada que perder, se incorporó al grupo de inmediato. El plan del voc…