Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010

DROJA NO COLA-CAO

       DROJA NO COLA-CAO

Este titular, ademáis dunha das entradas máis visitadas no youtube polos usuarios deste país, é un enunciado que sempre me trae á memoria a existencia dunha galicia profunda. Non ten por que ser mala cousa o de termos unha galicia profunda, tamén os americanos teñen o “deep south” e non andan polo mundo acomplexados (máis ben todo o contrario xa que adoitan andar a ostia limpa). Cando xunto as palabras “droja” e “cola-cao” volvo a ver aquel homiño xustificando un roubo por parte dunhas prostitutas. E un quere xuntar o verbo “merecer” e a palabra “meretrices” nunha mesma frase, polas ínfulas literarias e iso, pero se corta. E despois un pensa que o detalle do cola-cao é enternecedor. Un imaxínase ao home convidando ás meretrices a un cola-cao, se cadra a un merecido cola-cao, o home non se extendeu en detalliños; ainda que, alto, creo lembrar que a inxestión do cola-cao foi previa a calquera tipo de transacción carnal, e por iso tamén a carraxe do home: roubado…

OS ESQUELETES VAN A PILATES

OS ESQUELETES VAN A PILATES

Se vos chama a atención este título, non vos deixedes enganar: os títulos están aí precisamente para iso. Porén, este recolle totalmente o argumento que vou desplegar diante vosa. Velaí vai.
Poñamos que visito con certa frecuencia certo ximnasio, co obxecto de suar un pouco e despois ducharme. Sería demasiado suar e non ducharse despois. Quero dicir, co ximnasio cubro a cota de masoquismo que temos que encher nas nosas vidas, o outro xa sería masoquismo patolóxico, vicio vaia... Pois supoñamos que estamos na cinta esa que está alí posta para que ande máis ca ti e ti te empeñes en levarlle a contraria, e estás alí cos teus auriculares de autista de ximnasio federado, escoitando a música que che gusta, por contrarrestar o de corre na cinta, que non che gusta nadiña, pero o fas por suar e logo ducharte, xa o dixemos... e entón, dende a túa atalaia móbil ves pasar un día tras outro un grupiño de xente que se dirixe a sala de Pilates (que chamaremos de Dislates,…