Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

ME CAGO EN TODO LO QUE SE MENEA

Imagen
Leo, abraiado, que el TSXG acaba de pasar las tijeras por el llamado Decreto de Plurilingüismo, una  herramienta normativa que ha reducido la presencia del idioma gallego en las aulas de Galicia.
(Ahora plantaría aquí una reproducción de Saturno devorando a su hijo, hermosa metáfora de la Xunta de Galicia papándose el futuro del idioma de la tierra que administra). (....) 
Me cago en todo lo que se menea. PontevedraViva.

TÓPICOS

Imagen
Cando ves de mazarte no ximnasio, escribir sobre mazarte no ximnasio semella un esforzo demasiado grande, polo que mellor consultar as noticias online. As noticias online son as mesmas cas outras pero cambian a cada rato, mellor dito, son sustituidas por outras semellantes que duran pouco porque a súan vez van ser cambiadas por outras case iguaias, e así coma nun dos infernos de Dante Alighieri, que era un tipo listo de carallo. Remexer nos tópicos para topar un topic sobre o que escribir é algo típico (tpc, tpc, dánse conta?). Cando chegas ao extremo de andar a explicar estes truquiños de todo a cen, é que a cousa anda moi mal. Estabamos remexendo nos tópicos, pero alí só hai ácaros e bágoas, unha enchente de po cubrindo o pranto pasado e presente. Un carrusel de saudade que da noxo e alerxia. Tamén podía dar nécoras, digo eu, pero por dicilo nunca pasou nada. Se me desen unha nécora por andar a voltas cos tópicos, non escribiría doutra cousa ata o primeiro lavado de estómago. Pero …

VENDENDO POESÍA

Imagen
Imaxe da presentación de “Vértebras e lóstregos”
na Casa das Campás onte á noite.
Pódense atopar exemplares nas seguintes librarías
de Pontevedra:
Follas Verdes-Cronopios-Paz-Escolma-El Pueblo.
Para pedidos:
                        tallerdelpoeta@mundo-r.com

PRESENTACIÓN

Imagen
O vindeiro venres 23 de Novembro, a Casa das Campás de Pontevedra acollerá  a presentación do poemario “Vértebras e lóstregos”. O acto, que comezará ás 20:30, será presentado por Rodrigo Cota e Manuel Jabois.

POLA NOITE

Imagen
Ás veces levántome da cama pola noite porque non estou facendo nada de proveito nela, moito menos durmir. Vou á cociña e bebo un vaso de auga. Se pode ser da neveira. Se non pode ser, cólloa do grifo. Estes feitos extraordinarios que estou narrando suceden nun espacio temporal de, poñamos, cinco minutos. Despois boto outros cinco co vaso na man, sentado nunha cadeira, ollando cara o edificio de enfronte, que sempre ten algunha luz encendida nalgún piso. Adoito pensar que alí, na cociña, hai outro pringado coma min bebendo auga do grifo. Un ten vicio de pensar esas cousas porque alivia moito saber de outros co mesmo mal de un. Por que non sei, pero alivia. Despois, xa máis aliviado, deixo o vaso boca abaixo no fregadoiro e marcho para o salón a pintar a mona. Pintar a mona a esas horas da noite consiste en tirarse no sofá a escuras e mirar para o teito cos ollos abertos. Un pouco de parvos si que é: non podes ver nada no teito porque a luz está apagada, de xeito que se pecharas os oll…

DISENSIONES

Imagen
Llevo dos días sin dormir desde que leí que David Villa no felicitó a Leo Messi después de que este marcarse un gol en el partido contra el Mallorca.(...)
Disensiones. Pontevedra Viva.

PILOCHA

Imagen
Veño de escoitar o sancristán de Coimbra, un tema que nos 70's e na voz de Pilocha arrasou por toda Galicia e parte do estranxeiro. Pero a min sempre me pareceu que a letra tiña os seus enigmas. Imos ver: entón, en Coimbra só había un sancristán?. Consulten na wikipedia cantas igrexas hai en Coimbra, consulten despois cantas delas teñen sancristán. Pois nos 70 seguro que eran máis. Por certo, na Wikigaita teñen as notas se quere tocar esta peza a gaita. Se son de tocar a gaita, xa saben. Non, aquí non lles ando con segundas. Nesa mesma páxina amosan unha estrofa que non cantou Pilocha: "Tirei unha laranxiña 
no medio de Portugal/a quen lle foi a batere?/á filla dun xeneral". Queda claro que aquí non estaban as cousas nos 70 como para andar a lle bater con laranxas ás fillas dos xenerais.
Esta canción é desas cun retrouso sinxelo ao que te podes arrimar axiña aínda que non saibas o resto da letra. Isto era o que facía todo o mundo cando nas festas, troulas e demais famili…

ESTADISTAS

Imagen
Hugo Chávez no tiene cara de demócrata, nunca la tuvo. Tal vez tenga alma de demócrata, nunca lo sabremos. Tal vez tenga corazón de demócrata, tal vez lo sepamos si le tienen que hacer un día una autopsia. Pero cara, no. Tenía cara de demócrata JFK, que fue el presidente que inventó las siglas para mandar mejor y para ponerle nombre a los aeropuertos que llevarían su nombre, digo sus siglas. Jimmy Carter tenía cara de buena persona. Richard Nixon, de mentiroso (esa nariz...). Igual que Clinton. Gente con esas narices no sé como pueden llegar a gobernar una nación. Habrían que inventar una Dispensa de Fenotipo: queda usted dispensado de ocupar la presidencia del país por tener una nariz de Pinocho. Manuel Fraga y Winston Churchill tampoco tenían cara de muy demócratas. Tenían cara de mandar mucho. Mao Tse Tung lo que tenía era una cara de chino que no podía con ella, y por eso no se distinguía al dictador que había detrás. Claro que cara de chino, aunque era camboyano, también tenía P…

PERTENZAS

Imagen
Cando o pensou un pouco máis, decatouse de que talvez non era boa idea regalarlle a súa ex un álbum de Pink Floyd. Pero tíñao repe, por un erro no rexistro mental que levaba das súas adquisicións discográficas. Coa mente que tiña, non era raro. O caso é que empaquetou “Wish you were here”, edición en vinilo, Columbia records, 1975 nun papel que topou que, cando ela o tivo nas mans, revelouse coma lenzo improvisado dunha máis que mediana mancha de chourizo. El facía as cousas ás presas e así lle ía. Aos tres días topou unha terceira copia, esta vez en formato cedé do devandito disco, cando fedellaba nunha morea de libros que ameazaba con defenestrarse dende un andel. Pensou entón en mandarlle tamén o cedé, por si xa ela se desfixera do tocadiscos Denon Quartz DP-21F, con agulla Goldwing, pero non o fixo. Error, porque o tocadiscos Denon  Quarzt DP-21-F, con agulla Goldwing leva tres meses no purgatoria de e-Bay. Pero isto, claro, el non o sabía: só o sospeitaba. Empezou a sospeitalo c…