Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

ANOS PERDIDOS ( 2 )

Imagen
Cándida Martínez Villamil, ese era o seu nome. Tiña outras dúas irmás, máis pequenas, que na foto do móbil non lle facían sombra. Pasamos un par de horas a falar de isto e aquilo mentres Reviro danzaba dun lado para outro rebotando nas esquinas coma unha bola de pin-ball. Lembro que co terceiro ou cuarto whisky díxenlle a Catuxa que Faulkner era o mellor escritor contemporáneo vivo ou morto. Coma no oeste, dixo ela. Non entendín. Reward, vivo ou morto, explicou. Abrín os ollos coma cuncas cando escoitei que pronunciaba perfectamente o inglés. Do you speak English? espeteille case con coquetería. A little, dixo ela aínda con máis coquetería. Voule vouz... ai non, que me trabuco, dixen e fíxena rir e foi o peor que puiden facer en toda aquela noite. Nunca pensei que poderías facer algo semellante. Nunca sospeitei que agochabas unha rata dentro. Mentres miraba para Tuto, o inmóbil Tuto, o ar facíaseme mesto e tiña nos miolos coma con maniotas, non era quen de pensar con claridade, non c…

ANOS PERDIDOS (1)

Imagen
Vouche poñer un careto novo. Vas saír de aquí novo do trinque. Miroume cos ollos avermellados, mentres cuspía frases ameazantes pero sen moverse un chisco. Eu non lle sacaba ollo de enriba, ao outro lado da madeira amoreada de madeira. Non podía dar creto ao que estaba vivindo, como se espertase dun soño e tivese diante a un túzaro que me quería ir ao lombo. A fin de contas, a vida é unha ficción legalizada e aquilo tiña pinta de pesadelo do que nunca espertas, polo menos enteiro. Un par da anos atrás coñecín a Tuto Márquez no baile do Pino, un venres calquera dun longo inverno que tiña días coma bolsas de rosquillas pero sen rosquillas. Unhas migallas coma moito. Andaba con Benigno Quintanilla e unha loira que se facía chamar Yeni. Estaba operada, saltaba á vista, e seica ía cos dous, era unha cousa moi estraña. O caso é que a través de Tuto conseguín un traballo de chofer para unha empresa de instalación de cociñas. Outra cousa rara: só tiña que levar aos obreiros de aquí para aló,…

PENSAMIENTOS EN FUGA

Imagen
El otro día fui a coger setas al campo. Levaba una navajita, una cesta y un libro sobre setas. Llevaba también las gafas de cerca, no fuese a acabar envenenada. Cerca del río contemplé una especie de comitiva que se acercaba llenando el aire de grititos sofocados, risas y cancioncillas. Me escondí detrás de un árbol siguiendo un impulso. No me fío de grupitos que deambulan alegremente por el bosque mientras uno coge setas. Se acercaron hasta que pude distinguir que eran casi una docena de pensamientos que iban de la mano. Debían de haberse escapado recientemente del dominio de su dueño y por eso estaban tan contentos. Uno de ellos quiso lanzarse al río pero entre todos lo redujeron y lo reintegraron a la disciplina del conjunto. Se trataba de un pensamiento suicida, por lo que pude oir, que les daba mucho la lata. A otro lo llevaban con las manos atadas a la espalda, lo llamaban Rijoso. Un tercero no hacía más que tropezarse con cuanto árbol había por delante. Se pegaba unas tortas d…

CONTRACORRENTE

Imagen
Sentiu un nerviosismo xemelgo dun suor frío que lle subía polas costas ata a caluga. Encolleu lixeiramente o pescozo e colleu o papel entre as mans e púxose a ler o que alí estaba escrito.Non foi quen de rematar a primeira liña: de súpeto estaba a pensar nas ondas do mar cando case o fan afogar en agosto, apenas quince días antes, mentres tentaba perfeccionar a inmersión en picado dende as rochas. Chiscou os ollos e volveu a comezar. Desta volta conseguiu chegar á segunda liña e alí atopou un novo atranco: agora estaba correndo pola area, sacáballe corpo e medio a Baliñas e ía gañar o Maxibon por segundo día consecutivo vencendo naquela proba de curta distancia. Colleu os dedos índice e polgar da man dereita e apertou á parte superior do seu nariz, coma se nese punto residise a capacidade de concentración ou a habilidade para afastar lembranzas recentemente arquivadas. Na quinta liña esvarou a súa mente e viuse na noite en que bicou o chan despois de bicar a Xiana, a judoka que ensaio…

HORTERADAS Y NEUROCANCIONES

Imagen
Tengo una canción en la cabeza. Otros tienen la lista de los reyes godos. O la combinación que siempre ponen en la primitiva. A mi me ronda “last Christmas, I gave you my heart...” que es la canción más hortera del universo conocido. Me vienen a la cabeza palabras como “cianuro”, “indoloro”, “liberación”, “entumecido”. Esta última no sé por qué, la verdad. Cuando en tu ser interior, que no sé lo que es pero ya me entienden, te repite esa neuro-canción como un chorizo de Burgos a la hora de la siesta, te asaltan instintos suicidas, y teicidas y meicidas. Incluso escribes raro y con la ligera sospecha de que acabarás haciendo el ridículo, cosa a la que te has habituado y forma ya parte de tu status quo, que tampoco sé lo que es pero ahora sí que no me entienden, Toda la culpa la tienen los Wham, que son quienes cantaban esa canción ochentera y hortera, a partes iguales. Bueno, se trata de una redundancia en realidad, en los 80 lo hortera se adueñó de España una y no cincuentayuna y aqu…

MENSAXES DE AMOR

Imagen
Mándame os da cadea Ibis Hoteis un mail informándome xa no título de que aínda queda verán. Primeiro: non lle deades o voso enderezo electrónico nin a Papá Noel. Ou facede coma min: teño un só para estas cousas. Eses correos van para o lixo sen misericordia, porque coa propaganda é de parvos ter misericordia. Claro que despois botas unha ollada pola fiestra e tes que darlle a razón aos de Ibis: aínda queda un chisco de verán por aí perdido. Veñen gañas de coller o coche e esgotar o que queda de tarde na praia, coma o xogador que gasta as derradeiras moedas nas tragaperras do casino, a ver se un golpe de sorte consigue devolvelo á mesa do black jack. Nós xa non volveremos polo de agora ao black jack das chanclas e o reloxo no caixón, pero unhas horiñas ben se pasaban ollando o devalar da marea... Moito marean as empresas de todo tipo para que non as esquezas, só porque nun momento de debilidade tiveches un romance pasaxeiro con elas. Trabucan un bico nos beizos cun contrato de por vida,…

COLADITO POR LA RED

Imagen
Estoy enganchado a internet, como todos. La miseria compartida se convierte en desgracia comunal y en las redes sociales uno encuentra semejantes con ataduras semejantes. Tuiteo mi futuro para luego abrir el facebook y encontrarme allí rastros de pasado, que suben otros a mi muro con frases nostálgicas y fotos caducadas. Entro en un foro de música en el que se habla de todo menos de música y en los que algunos obsesivos cuelgan videos de fantásticos grupos setenteros a los que nadie hace ni puñetero caso. Me bajo un libro para la tablet y cuando empiezo a leerlo los remordimientos me muerden de tal forma que antes de finalizar el primer capítulo ya lo he mandado a la papelera. A los tres días repito la operación con otra obra y así me he leído las primeras páginas de la mejor literatura europea actual. La americana la pirateo sin problemas de conciencia, es como una venganza por lo de ElMaine y tal. Otra de las cosas de internet es la posibilidad de leer prensa gratis, aunque sean …

O SEGUINTE MOVEMENTO

Imagen
Foi nunha curta viaxe a Viveiro que Toño Lestedo puxéralle o de Guguel Maps polo ben que se orientaba dunha taberna a outra. Tiñan vinte e pouco e aínda agora, os dous preto dos corenta, aínda lle chaman Guguel ou Gu. Toño vende seguros de todo tipo e Guguel traballa no concesionario de coches do seu pai. Son tempos duros e máis con fillos, cadanseu, pero adoitan sorrir cando se xuntan os venres para pechar á semana cunha partida de subastado e unha cervexa. Esta podería ser unha de tantas historia coas que un xuntaletras calquera, desmotivado e inane, vai enchendo un seu blog ata que remata sendo unha morea de contiños e lerias que non levan a ningures. E abofé que iso sería se non fose porque o 22 de xuño, ás 18:50 un home presentou unha denuncia na comisaría de Lustre contra Autos Martínez, onde mercara hai dous días un Nissan Patrol de segunda man que, aseguraba o denunciante, levaba unha bomba lapa debaixo do tubo de escape. Era de activación térmica e o denunciante descubriuna ca…

CUÉNTAME UN CUENTO

Imagen
El cuentacuentos salió del colegio como había entrado: encogido, hierático, tristón. Atrás había dejado a medio centenar de niños con una sonrisa bailando en sus caras pero a él no le alcanzaba ni para una mueca. Dirigió sus pasos directamente a la biblioteca municipal. Allí sacó de su macuto una novela de Lezama Lima y un poemario de Jim Morrison y, tras devolverlos, se sentó a hojear la prensa. Era viernes y estaba compungido. Echó un vistazo a las ofertas de trabajo y sin dar muestras de la decepción consiguiente echó mano del Rockdelux del mes. A las tres se fue a comer al Carrefour. Le gustaba ir allí por el anonimato que el tránsito de clientes proporcionaba, lo peor que podría ocurrir sería toparse con un niño-fan al que sus papás quisieran envenenar con hamburguesas y salchichas. Los papás no llevaban a los niños a los centros comerciales a degustar un plato de dieta mediterránea. De ninguna dieta, en general. Mientras se tomaba una tapa de calamares y un sandwich mixto con u…

AVENTURAS DE PATO LOURENZO (II)

Imagen
Contoulle que vivía cos seus pais e que traballaba en Friol, pero o vello tiña moi claro que algo naquel rapaz non remataba de estar completo. Parecíalle un pouco perdido, un pouco desnortado, ou falto de sorte, ou sobrado dela. “Fóra de punto” pensou, “este rapaz está fóra de punto”. En certo momento o vello tirou do peto unha navalliña e, mentres seguía a escoitar as cousas de Pato, empezou a desbastar lixeiramente un no do bastón de castaño no que se apoiaba. Cando deixou de escoitar a voz do mozo, ollou cara el e viu que miraba para a súa navalla. “E moi chula” dixo Pato, como collido en falta. “Sempre levo unha enriba” dixo o vello, “cousas que se che quedan do oficio”. Pechou a navalla e ofreceulla ao rapaz, “cóllea”, “teño varias”, dixo. Pato tartamudeou un pero. “Lévaa” dixo o vello, “vaiche facer falta” dixo. E logo engadiu “vaiche facer máis falta ca min”, tamén como collido en falta. Pato Lourenzo deulle as grazas ao vello varias veces e despediuse del efusivamente antes de m…

AVENTURAS DE PATO LOURENZO

Imagen
Días coma este, sen substancia, sen pebida, feitos de anacos de outros día, remexido de dúbidas e novelas que rematan sen deixar sabor ningún, fixeron de Pato Lourenzo un tipo desconcertado e bo de levar. Por iso a xente o convida nos bares e ríalle as grazas aínda que non teñan graza, porque saben que é un bo rapaz que non atopa acougo pero que non te fará nunca ningún mal. A Sebastián Lourenzo Vacariza chamáronlle Pato pola terra de O Grove, onde vivía os primeiros anos da súa murcha existencia, porque andaba dun xeito acuático: cos pes cara fóra e coma salpicando no ar. Pato Lourenzo foi un estudante espelido que destacaba nas materias de ciencias e que quixo estudar Química ao rematar o bacharelato. E de feito estudou esa carreira, e despois Veterinaria, que deixou no segundo ano porque non se afacía ao sangue nin as vísceras. Matriculouse en Dereito pero antes dos exames finais do primeiro ano namorou de Piluca Semprún, moza loura e parva neta dun afamado coronel da Armada español…

ESCRIBIR PARA QUE NOS QUIERAN

Imagen
Escribimos para que nos quieran. Si alguien desea que dejemos de hacerlo, que se ponga a querernos con todas sus fuerzas. Se aceptan demostraciones en metálico. El día que nos sintamos queridos, suficientemente, una cosa tipo la Jurado en “Como yo te amo”: entregada y visceral, ese día dejaremos de dar la tabarra. Pónganse a querernos, absurda e indiscriminadamente y verán.
 La cosa empezó a gestarse la primera vez que mami no nos dio el arrumaco que reclamábamos. De aquella no sabíamos qué cosa era un arrumaco y aunque ahora tampoco, hemos aprendido en qué momento podemos utilizar el vocablo. Y así con casi todos los demás. Los sopapos que nos dio la vida y, sobre todo, los de nuestros compañeros de colegio, hicieron de nosotros unos literatos en ciernes. (Yo sé que ahora venía bien “en ciernes” pero no sé que carallo es y jamás se me ha dado por buscarlo en el diccionario. Escribimos por deducción, como Sherlock, o por inferencia, que vaya usted a saber...).
 Me ha agotado mezcla…