Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2013

CANSO DE SI E MAILOS OUTROS

Imagen
Vente para acó, berrou un home de longa barba e faciana engurrada que levaba un chapeu na cabeza cheo de buratos, unha camisa que foi vermella no seu tempo e uns pantalóns atados cun cordel, mentres tomaba un grolo dun envase de tetra-brik. Aquel home era quen de berrar e beber a un tempo, habilidade adquirida xuntamente cunha hepatite e un ton sonrosado no nariz.Canso de si, que era o nome do seu interlocutor, non unha locución deste relato, non lle fixo nin caso. Chamábase Arturo pero como era poeta, púxose Canso de si e ata os mendigos coñecíanlle o alcume. Era regular poeta e grande borrachuzo, pero non lle acaeu entón a invitación do barbado porque tiña presa por chegar a outra parte. Concretamente, á presentación do libro “La leche de noches” do seu amigo Tino Sanromán, quen lle prometera que habería canapés ao remate. Chegou co asunto comezado, sentou ao final e puxo cara de atender. A sala estaba chea de xente que ulía moi ben, estaban ben afeitadiños, eles, e ben peiteadiñas…

OS EAGLES, A MORTE E A VIDA

Imagen
Vai ser mellor ir morrendo, pensa un de cando en vez, como quen non quere a cousa. Como se nos estivésemos niso xa de cotío. In-dependentemente das crenzas de cadaquén, a morte está aí enfronte, mirando de esguello moitas veces. Non sabes se chegará de fronte ou se virá sobre ti de súpeto, de costas ou dun lado. Non hai que obsesionarse, din os que adoitan apostar, e seguen a apostar teimudamente. Non é que ande decote coa teima, máis ben o contrario, coma todos; porén, é bo saber por onde vai o vento, non é?. E eu hoxe vino moi claro. Por suposto, veño aquí para contalo. Estaba a ver un documental sobre a historia dos Eagles, un grupo do que non podes dicir que es fan porque estragas o teu prestixio. Calquera tipo de prestixio. Un grupo do que se burlan os irmáns Cohen (directores da maior cantidade de pelis case “redondas” na historia do cine) nunha escena de “El gran Leboswki”. Un grupo deses que por facer hits con baladas e medios tempos é odiado e vapuleado. Un grupo que adoro den…

SAFARSE

Imagen
De lo que se trata es de “safarse”. Eso lo sabemos todos. Ha sido la gran aspiración dela especie humana, en cuanto a especies, y en lo que le toca por humana. Y ya no digamos si eres de Marín, cosa de la que sólo pueden presumir los que son de Marín. En ese caso, safarse es un imperativo. No hay lugar bajo el sol en que pueda halla tu alma descanso si no te safas primero.  Yo no soy de Marín, pero como si lo fuera. Ansío safarme con todas mis fuerzas, que son pocas y algunos dicen que desaprovechadas.  Conviene hacer algunas recomendaciones para lograr el fin que suscita este comentario, entrada o post.  Primero: ni oliendo a ajo ni oliendo a chamusquina, ni en olor de multitudes, conseguirá usted jamás safarse.  Segundo: si piensa que por tener dinero en el banco se va a safar está pero que muy equivocado.  Tercero: apartar de usted el deseo de safarse mediante prácticas ascéticas, budistas, ingesta de alcohol o de churrasco de cerdo, no va a producir otro efecto que el incremento …

SILENCIO, ESCURIDADE

Imagen
hai un balbordo na primeira páxina de sucesos, hoxe ven á prensa manchada de negro, hoxe vas ao quiosco e saes coa mans enfouzadas e a vergoña na faciana están pegando tiros no Pirineo, en Doñana, en Toledo. morren animais por terra, mar e aire. morre a xustiza, morre a decencia, morre a verdade de morte repetida. están a dar paus de cego, guiados por outros cegos. Paus no lombo dun buque-chatarra que cuspe fuel enriba do inverno. están arranxando todo a base de cartos para os traballadores e traballadores do mar, para taparlles ás bocas con cartos, para que sequen ás bágoas con papel. só houbo un morto, era alemán. era o alemán de Camelle. vivía do mar e morreu cando morreu o mar. morreu de saudade, morreu dalgún mal. morreu el por todos, alguén tiña que pagar. hai un balbordo a bordo, isto vaise rachar. vaise a merda Galicia, unha vez máis. espertamos na negrura doutra noite, saímos á rúa, comezamos a berrar                                        nunca máis. unha vez máis                  …

POETAS Y MITOS

Imagen
“El poeta es un soñador. Sueña con metáforas perfectas”. El que escribió lo anterior es un gilipollas, puesto que los tales escriben gilipolleces. Una pulsión desmitificadora ha nacido en mis entrañas, que es donde suelen nacer estas cosas, al menos en los mamíferos, con la que pretendo borrar de una hostia limpia una serie de lugares comunes creados alrededor o en los aledaños de la figura del poeta. Los poetas no son soñadores. Sólo los poetas soñadores son soñadores. Igual que lo son los dentistas soñadores, las soldadoras soñadoras, etc. Esa idea de que el poeta es alguien que está siempre en las nubes es un mito: yo soy poeta y me estoy dando bofetadas continuamente con la realidad, en su forma de árboles, farolas, adoquines, hoyos, socavones, zanjas, agujeros, etc, etc. Pero siempre mediando la contudencia, el sobresalto y los golpes; todo muy terrenal y doloroso. Lamento tener que ponerme yo mismo de ejemplo, pero es lo que tengo más a mano y, si bien como poeta alguno pudie…

OS SOÑOS, SOÑOS SON

Imagen
Éncheseme de imaxes feas a cachola. Animais lambendo margaridas, lambóns lambendo animais, anacos de seres infrahumanos que levan sombreiro e lamben farois e portais e aínda, axeonllándose, beirarrúas enteiras (con moita paciencia, claro). Doutor, dígame, o meu é grave?
O doutor fai un ruído coa gorxa que sen máis intención que deixar claro que neses casos el é moito de facer ruídos coa gorxa. “Va bene”, dille o tipo, “va bene”, aínda que é de Coristanco!. Estou por apostar que só sabe dicir iso en italiano. Pastrán. Mona. E o outro interpreta que pode seguir e bota un suspiro (o doutor anota no caderno, “suspiro”) e sigue:
O peoriño de todo é cando aparezo eu tamén nos soños dos lambóns. Pero eu o que fago e ir a xunta dunha tipa que está sentada nun banco e que se imita á miña nai. Vou onda ela porque penso que é a miña nai é o que quero é mamar das súas tetas, pero cando chego alí decátome de dúas cousas. A primeira é que non se parece nin por asomo á miña nai e a segunda que é un…

UNA DE ZOMBIS (2)

Imagen
Por el pueblo se extendió la voz de que en el “Abilio's” había entrado un zombie y, además de generar algunos chistes denigratorios para Gelucho, produjo una sensación general de que algo extraordinario iba a ocurrir tarde o temprano. “Que sea la semana que viene, que quiero ver si esta me toca la quiniela” decía cachazudamente Ermitas, una jubilada ludópata a costa de una pensión escuálida; aunque la mayoría deseaban que volvise a aparecer el zombi y preguntarle cosas sobre el futuro. Don Luque, el maestro, anunció una conferencia sobre la vida y costrumbres de los zombis al día siguiente y aseguraba que carecían de poderes adivinatorios. La caja del “Abilio's” se triplicó ante la afluencia de curiosos y Gelucho se creyó en la obligación de inventar historia sobre el extraorinario visitante que ni Tino Mallo, ni la señora Antonia, ni por supueto Venancio (este corroboraba todo beodamente) osaron desmentir. Que si el zombi fumaba puritos Reig (que se vendían en exclusiva en …

UNA DE ZOMBIS (1)

Imagen
“Duerme la ciudad / y una muchacha negra entra en un bar”... decía la voz melancólica del solista de El Último de la Fila, pero quien entró en el “Abilio's” no fue ninguna joven negra sino un cincuentón de rostro ceniciento, traje ajado y lleno de polvo, mirada perdida y apariencia de zombi. Porque se trataba de un zombi. Se acercó a la barra y pidió un gin-tonic con voz de ultratumba, que Gelucho le sirvió sin quitarle un ojo de encima, mientras con el otro echaba la ginebra. Gelucho era bizco como un búho. “O moucho” le llamaban en la escuela. En el bar sólo había tres parroquianos, aparte del recién llegado. Venancio, un borrachín de sesenta años que prácticamente no se movía de aquel lugar; Tino Mallo, un zagal de unos veinte, alto y flaco, que estaba leyendo la prensa deportiva, que era la única que entraba en el “Abilio's” porque en eso Gelucho era muy talibán; y la señora Antonia, la madre de la farmacéutica, que empezaba la tarde con una copita de anís desde que todo…

A FESTA DE DOSITEO

Imagen
Cando xa nada quedaba da festa, cando xa ninguén quedaba no piso que non fora el, púxose a recoller todo con unha resignación que non cabía no salón e que aos cinco minutos deu a luz a un bebé irado que chegou á puberdade cando tivo que agacharse para apañar as cabichas que algún desaprensivo deixou caer ao chan. Envolto aínda na resignación, coma unha bandeira, seguía co traballo mentres que comezou a soltar frases coma estas: “Borrachóns, mortos de fame”, “porcos, trogloditas”, “babecos, mortos de fame”. Por que soltaba os insultos de dous en dous e por que repetiu o de mortos de fame, ningún eséxeta podería explicalo, pero sentiuse máis aliviado despois de facelo. “A culpa xa é miña por poñer o piso para as festas”. Esta verdade de dimensións monumentais fixo que calase durante un tempo, que empregou en pasar o aspirador pola sala e despois pola cociña, onde tamén recolleu e limpou a encimera. Rematado o choio, deixouse caer nun sofá e pechou os ollos e dixo “nunca máis”, que era …

SERES INFORMÁTICAMENTE DEPRAVADOS

Imagen
Cuando en un entorno escolar abigarrado y hostil hasta un punto ecológicamente sostenible, cuando en un lugar inhóspito pero atestado, cuando en un receptáculo de hormonas, feromonas y cortes de pelo inusitados, ante la proyección en pantalla ad hoc de material digital proveniente de un portátil cualquiera suministrado por la autoridad competente aparece, en la imagen de intenet demandada un tipo barbudo y barrigón y desnudo de cintura para arriba y a su lado el mismo tipo igual de barbudo y de desnudo pero sin barriga, pregunto entre el éxtasis y la autodefenestración: ¿qué hay que hacer? Billgates, ¿por qué nos haces esto? ¿por qué has llenado la tierra con un sistema operativo baratito pero gilipollas, lleno de bugs y de malware y de horrorware?. Ah, cuánto me alegré de que se te colgara el Vista el día de su presentación. Eso hizo que quisieras perderlo de vista enseguida, claro. Aunque los demás son igual de malos. Cuando la manzana rompió el cristal de la ventana y nos enseñó …

PORQUE SOMOS AMIGOS DO MARTIRIO

Imagen
Estaba tan seguro das súas inseguridades que rexeitou tres citas no derradeiro mes, mercou catro frascos de colonia, dúas cazadoras e puxo lamias de aluminio no seu twingo. Isto último estivo de máis, abonda subliñalo pero subliñámolo igual. Somos de moito subliñar nós, os amigos de Martirio, un rapaz de trintaepoucos que estudara con nós no IES de Sabucedo, ese pobo famoso por rapar ás bestas. A nós o bacharelato rapounos a pouca gana de facermos algo de proveito na vida. Os nosos pais non paraban de parola sobre aquilo de que tiñamos que ser homes de proveito e, como moito, o que saímos foi aproveitados. Martirio pillou un andazo de tosferina en 1º de BACH que lle durou cinco meses. Aínda ninguén entende como estaba sentado con nós no curso seguinte. Uns dixeron que tiña un tío que era primo dun curmán dun sobriño da Conselleira de Educación. Outros que untaron ao director os seus pais, os pais de Martirio, non os do director. Foi daquela que lle puxermos o alcuño, de cando pas…