Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (6)

Imagen
Tino comezou a saír sempre á rúa levando aquela arma branca. Deixou de amolar ao narrador e agora só agardaba o que este dispuxera. Sabía que chegaría o seu momento e que entón mellor sería ter o coitelo preto. Fíxolle unha pequena funda de coiro para levalo por dentro da roupa e xa non se separaba del: ao chegar a casa deixábao sempre á vista. E os días pasaban devagar, en fila india, con mirada murcha, coma nun desfile dun exército canso e derrotado. Ata que unha tarde, despois de xantar, decidiu chamar de novo ao narrador: -Boas, son Tino. -Boas, Tino. -Por que me puxeches Tino Cazal? -........... -Foi por Tino Casal, non é? “Embrujada”, “Eloise”... -Foi o primeiro que se me ocorreu... -Xa... é agora, que? canto teño que agardar co coitelo este... que vai pasar co coitelo? -Non che podo dicir nada diso. E ademais nin eu mesmo o sei... -Pois se non o sabes ti... -Tes que acougar. Tes que ter paciencia. As cousas chegan a modo. Nunca chegan cando andas pendente delas. -A paciencia…

REUNIONES DE VECINOS

Imagen
"Las reuniones de vecinos, en España, son una forma que tiene la vida de revelarnos casi todo en el reducido espacio de un portal. Todo lo que podemos aprender sobre la existencia humana está ahí.(...)”

Artículo en Diario de Pontevedra.

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (5)

Imagen
Cando abriu os ollos o primeiro que pensou foi no frío. Tiña frío. Foi antes de decatarse, pouco a pouco, de onde estaba. Había un par de persoas xogando cuns cans na beira do mar. Qué carallo fago aquí?, pensou. Ao seu carón tiña un macuto verde escuro, o seu vello macuto cheo de remendos. Abriuno. Dentro estaban o seu móbil, una novela de Truman Capote e a súa cazadora beige. Vestiu a cazadora e ficou pensando un anaco. Non foi ata que chegou aos lindes do areal e leu nos carteis “Praia de Sta. Cristina” que se decatou que o seu narrador o mandara ata Oleiros. Calou. Mellor calar, pensou. Sabía que estaba aló precisamente por non ter calado a tempo. Sabía que fartara ao narrador coas súas queixas e os seus insulto. Lembrou a súa última chamada... Sentado no autobús, fixo a proba de ler Almorzo en Tiffany's, pero non foi quen. Pechou o libro e púxose a mirar pola fiestra e a pensar. No fondo do macuto atopara tamén unha bolsa de La Moda Ideal e, dentro dela, o seu coitelo. Sabía…

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (4)

Imagen
Catro días despois chamou Liborio para pedirlle prestados mil euros. Sen preguntar, Tino díxolle que lle levaría os cartos ao Reixas, un bar da zona. Xa ocorrera outras veces e niso Liborio era de fiar, sempre recuperaba os cartos. Con mil cincocentos setenta e un euros e trinta e cinco céntimos enriba, Tino Cazal atopou a Chus e Chusa camiño do Reixas. Chus e Chusa foron parella no instituto e casaron axiña pero nunca tiveron fillos, por culpa del ou por culpa dela (houbo ata apostas). Tivo que aceptarlles unha caña e porque sabía que Liborio agardaría, pola conta que lle tiña. Cando chegou ao Reixas alí non había ninguén, só os donos detrás da barra. Aínda era cedo para a rolda de noite, que xuntaba alí ao mellorciño de cada casa. Tomoulle un licor café en vaso de tubo e botoulle unha ollada ao Diario, mentres falaba con Pepe dos vellos tempos. Coa mosca trala orella, saíu do Reixas sen querer chamar a Liborio: era el quen precisaba os cartos, xa debía ter chamado se pasase algo.…

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (3)

Imagen
Que é iso da novela-río, carallán? Tino estaba alporizado. Berraba no teléfono posuído por unha terrible dor de tripa trala inxestión de doce saborosas laranxas. Nin novela-río nin leites. Se nin sabes o que é! Estasme amolando dende o principio... dobrouse pola dor. Teño que colgar, canonazo, estasme amolando pero ben. E correu para o baño coma personaxe que leva o diaño. Ao cabo, soou o teléfono. Colleuno, porque cada vez que ía obrar leva con el o aparello inalámbrico. Tiña a compulsión de contestar sempre e nunha ocasión deixara o corredor feito unha merda. Era Liborio, o único compañeiro do partido que aínda chamaba de cando en vez. As veces quedaban para tomar un par de copas e lembrar os vellos tempos da “loita política”. Chamábanlle así a quince anos na puñetera oposición, ás navalladas entre os propios compañeiros de partido, ás loitas por trepar, ás loitas por non caer das listas. Mil desgrazas pequenas que facían un desgusto moi grande. Pero estiveron atrapados nel porqu…

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (2)

Imagen
O casco vello era muda testemuñas do ansioso camiñar de Tino, dirixíndose á Ferraxería Gallega, persuadido de que non podía se un personaxe mindundi, senón alguén disposto a causar desgustos. Causar desgustos é unha forma de entrar na historia, pensaba. A mellor, pensaba. Que pinta aquí un Burger-King? foi a idea que detivo as anteriores cando chegou a praza de Curros Henríquez. Agora estaba el desgustado. Saíu do establecemento cun coitelo de 12 polgadas, ben envolto nunhas follas do Diario e despois nunha bolsa de plástico. El aínda estaba axitado, nervioso, cismando no seu seguinte movemento. Decidiu parar no Savoy a saborear un café. No, un café non, que xa estou a cen. Unha tila, nena, dobre. Ollando pola fiestra contemplou A Ferrería, ocupada polos trebellos cos que se montaría a Feira Franca so uns días despois. A tila queimoulle a lingua por apresurado e soltou un taco e púxose a soprar na cunca. Sen decatarse, esa manobra axudoulle a acougar un anaco. E pouco a pouco a tila …

A NOVELA-RÍO DE TINO CAZAL (1)

Imagen
Hoxe levanteime con gaña de festa, díxolle Tino Cazal ao seu narrador ao principio de todo. Vai quitar o pixama, calacú, contestoulle un tipo con gafas diante dun teclado. Xa de volta o narrador mandoulle mudar a camisa, guindar a garabata no caixón e poñer un calzado ao xeito en vez daquelas zapatillas de andar por casa. Por fin Tino estivo listo para non se sabían aínda que. Fitou ao narrador coas mans nas cadeiras. Este parecía pensativo. De feito estaba a pensar. De feito non sabía que facer con Tino Cazal e a piques estivo de mandalo para a cama outra vez. Tino, díxolle finalmente, ti queres ser ex-diputado da oposición, prexubilado de banca, funcionario de Facenda ou fresador? Tino dixo ti estás tolo. Eu quero ser escritor. Coma ti. O narrador sacou as gafas lentamente, ollou para Tino de arriba a embaixo e puxo voz de oráculo do Lerez, que non sabía como a poría o de Delfos: Tino, ti non podes ser escritor. Ti non es un alter ego, tes que escoller e bastante fago con deixa…

LA MÚSICA EN OTRA PARTE

Imagen
Cuando apareció el mp3 los melómanos nos volvimos locos. Había tanta y tan variada oferta al alcance de un click que empezamos a desarrollar patologías. Primero, nos hicimos cleptómanos: bajamos discografías enteras sin apenas ser conscientes de ello. Después una ansiedad galopante nos devoraba: ¿qué me ponga a escuchar primero? Luego, atrapados por la culpa, corríamos a comprar los discos que más nos habían gustado. Horror: sólo había cedés de Bustamante, Enrique Iglesias y La Niña de los Peines (recopilatorio con extras). Al final nos llevábamos una reedición de un grupo cualquiera de rock sinfónico de los 70: sólo procurábamos un efecto anestésico. Lo peor de la delincuencia digital en la que caes, según los expertos, cuando bajas música en mp3, es que a veces el archivo no viene en mp3, sino en FLAC, OGG u otro formato imposible de escuchar por medios normales. Tan grande es el vicio, que te pones colirio hasta ahogar las pupilas y te tragas cuatro tutoriales para saber qué hacer…